Segundo os estatutos, a Peña Galega é unha asociación cultural recreativa e terán acceso á mesma todas as persoas que se identifiquen cos seus principios, totalmente vinculados con Galicia e España.
Os fins prioritarios da sociedade son:
- A práctica e o estudo da lingua galega.
- A organización de conferencias sobre temas históricos e culturais de Galicia.
- A cooperación con outros centros e organizacións galegas e españolas radicadas en Alemania.
- A unión entre todos os galegos de Münich e arredores.